As universidades públicas galegas de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asinaron o 28 de maio de 2018 un convenio de colaboración en que se establece a creación do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG).
Este consorcio supuxo un fito importante de agregación de recursos entre todas as universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), alén dun fluxo de comunicación constante para dar respostas aos problemas de xestión.
Tamén agrupou actuacións levadas a cabo ata a data en distintas entidades co fin de poñer en marcha novas áreas de colaboración que redunden nunha maior eficiencia ou eficacia do SUG ou na consecución de fins de interese común.
As partes entenden que xestionar elementos dunha forma integrada que aforra custos, fomenta a colaboración e proporciona unha maior transparencia e unha información rápida, auténtica e de calidade ao SUG.
( Convenio de constitución do CISUG )