Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia
Política de privacidade e protección de datos > 2. Dereitos sobre Protección de datos
A normativa en materia de protección de datos permite que calquera persoa poida exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade de datos, oposición e limitación ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos.
1. Dereito de acceso
A persoa afectada ten dereito a ser informada:
- dos fins do tratamento, así como das categorías de datos persoais que se traten e das posibles comunicacións de datos e os seus destinatarios.
- do prazo de conservación dos datos, de ser posible. De non selo, os criterios para determinar este prazo.
- do dereito á solicitar a rectificación ou supresión dos datos, a limitación ao tratamento, ou opoñerse so mesmo.
- do dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control.
- a obter, cando os datos persoais non se obtiveran polo interesado, calquera información dispoñible sobre a súa orixe.
- a recibir información das garantías adecuadas se se produce unha transferencia internacional de datos.
- a obter unha copia dos datos obxecto do tratamento.
- da existencia de decisións automatizadas (incluíndo perfiles), a lóxica aplicada e as consecuencias deste tratamento.
Debe distinguirse do dereito de acceso dos interesados aos expedientes administrativos que regula a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas así como o dereito de acceso regulado na Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
2. Dereito de rectificación
A persoa afectada ten dereito a obter sen dilación indebida, do responsable do tratamento, a rectificación dos datos persoais inexactos, así como a que se completen aqueles datos persoais incompletos, inclusive mediante unha declaración adicional.
3. Dereito de supresión (dereito ao esquecemento)
A persoa afectada pode solicitar a supresión dos datos persoais cando concorra algún dos supostos contemplados na lexislación destacando aqueles casos nos que desaparecera a finalidade que motivou o tratamento, ou que os datos persoais se trataran de forma ilícita.
Exceptúase este dereito, nos casos en que deba prevalecer, para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable.
4. Dereito á limitación do tratamento
Permite á persoa afectada obter do responsable do tratamento a limitación do tratamento dos datos cando:
- se impugne a exactitude dos datos, mentres se verifica dita exactitude polo responsable.
- o tratamento resulte ilícito pero o interesado solicite no lugar da supresión a limitación do seu uso.
- o responsable xa non necesite os datos para o fin do tratamento, pero si a persoa interesada para o exercicio dalgún dos seus dereitos.
- o afectado exercitou o seu dereito de oposición ao tratamento, mentres de verifica se os motivos lexítimos do responsable prevalecen sobre o afectado.
5. Dereito á portabilidade
A persoa interesada terá dereito a recibir do responsable do tratamento os seus datos persoais, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou solicitar que sexan transmitidos a outro responsable do tratamento cando sexa tecnicamente posible.
6. Dereito de oposición
A persoa afectada pode opoñerse ao tratamento:
- Cando por motivos relacionados coa súa situación persoal, deba cesar o tratamento dos datos, salvo que se acredite un interese lexítimo, que prevaleza sobre os intereses, os dereitos e as liberdades do interesado, ou sexa necesario para o exercicio ou defensa de reclamacións.
- Cando o tratamento teña por obxecto a mercadotecnia directa.
7. Dereito a non estar suxeito a decisións automatizadas, incluída a elaboración de perfís
En relación con este dereito, a persoa interesada terá dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente nun tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfiles, que poida producir efectos xurídicos para a persoa ou que poida afectarlle significativamente.
O anterior non será de aplicación se a resolución:
- É necesario para a celebración ou execución dun contrato entre a persoa interesada e o responsable do tratamento.
- Está autorizado pola lexislación da Unión ou dos Estados membros que se aplica ao responsable do tratamento, establecendo as medidas adecuadas para salvagardar os dereitos e liberdades e os intereses lexítimos da persoa interesada.
- Baséase no consentimento específico da persoa interesada.
Formularios para el ejercicio de sus derechos:,
[
voltar atrás
|
voltar ó inicio
]